TRADUCIÓN

XERAL – ESPECIALIZADA – XURADA

O noso equipo de tradutores está composto por profesionais licenciados que sempre traducen cara á súa lingua materna. A súa experiencia demostrada no campo da tradución, en constante proceso de innovación e perfeccionamento, é aval da nosa calidade. Os nosos tradutores teñen ao seu alcance todo tipo de recursos dos que botan man para lograr un produto final óptimo.

Desde 1998 traducimos, a diversos idiomas, documentos técnicos da área de dereito, enxeñería, siderometalurxia, administración pública, turismo, arte, medicina, bioloxía, negocios, lingüística, mecánica, publicidade etc. Múltiples empresas privadas, organismos públicos e, como non, particulares, encontraron en nós a calidade e confidencialidade desexada.

O seguimento do proceso faino un xestor de proxectos. Vostede estará informado do desenvolvemento do seu pedido en todo momento. Ademais, cando, como é natural, xorden dúbidas sobre unha expresión ou un tecnicismo, preferimos poñernos en contacto co cliente para aclaralas. Cremos que unha boa comunicación co cliente é fundamental para a consecución dun bo traballo de tradución. Interprétanse non só as palabras senón tamén as ideas, e normalmente o mellor intérprete delas é quen as creou.

INTERPRETACIÓN

Francalingua prové servizos de interpretación a varios idiomas.
Os nosos intérpretes están cualificados profesionalmente; non son simplemente falantes nativos do idioma senón que teñen os estudos necesarios e unha experiencia demostrada de máis de 3 anos.

Se vostede desexa que un profesional interprete as súas ideas a outra lingua durante unha reunión de traballo, unha visita, ou para calquera outra ocasión non dubide en poñerse en contacto con nós.

CORRECCIÓN

Si, unha imaxe vale máis que mil palabras. Pero non esquezamos que a forma na que nos comunicamos tamén é imaxe. Vostede non pode correr o risco de estragala se vende unha hidrolimpadora cunhas instrucións de montaxe inintelixibles, ou por ofertar un MP3 cun manual de uso imposible de descifrar, ou simplemente por participar como relator ante unha audiencia que non entende a documentación que se lle entrega porque lla traduciu un amigo que "viviu un par de anos no país".
Co fin de evitar todas esas situacións, Francalingua pon á súa disposición un servizo de corrección realizado por tradutores especialistas na área requirida. Vostede contará con todo o asesoramento lingüístico necesario.