Francalingua é unha axencia de tradutores e intérpretes que ofrece unha ampla gama de solucións plurilingües adaptadas á demanda dun mercado en evolución continua.
Os nosos clientes acoden a Francalingua porque saben que subministramos servizos de calidade, cumprimos os prazos pactados, gardamos a confidencialidade requirida, en definitiva, porque confían en que lles daremos a solución e o asesoramento lingüísticos máis adecuados ás súas necesidades.
O contacto entre o cliente e Francalingua é estreito e beneficioso para a consecución dun bo traballo. Nós garantimos esa atención individualizada coa que a diario atendemos a clientes de todas as áreas e coa que sucesivamente fomos gañando confianza e credibilidade.