A linguaxe é a característica fundamental que diferencia o ser humano do ser animal. Por mor de diversos factores, a linguaxe ten a súa representación en forma de múltiples idiomas. Estes non poden crear unha barreira para a comunicación entre as persoas e en Francalingua poñemos á súa disposición todos os medios para eliminala.
Falar un idioma diferente ao do noso interlocutor non pode ser un obstáculo para tratar negocios, abrir mercados, lanzar produtos, dar conferencias, presentar un libro, vender unha casa, en definitiva, para avanzarmos.
En Francalingua resolvemos esa cuestión para que non chegue a converterse nun problema.
Conte con nós.